Preocupación nas forzas de seguridade ante a entrada de mafias albanesas no tráfico de drogas na nosa comunidade. POlo de agora, nas operacións que se desenvolveron, estas organizacións criminais traballaban con clans locales, pero non se descarta que se establezan pola súa conta. Algo que podería traer, advirten, unha maior violencia, pola súa composoción e pola loita polo control do negocio en Galicia nun momento álxido pro tráfico mundial de cocaína
- Naturgy quere falar os seus dereitos sobre a auga do Ulla.
A empresa considera que a súa actividade hidroeléctrica, pra que ten unha concesión ata 2061, é incompatible co proxeto de Altri.
- O parque móbil galego cada vez máis avellentado.
Agora mesmo ronda os 16 anos de media e inflúe na ITV...unha cuarte parte foron rexeitados o ano pasado nunha primeira inspección.
- O Foro Galego da Inmigración denuncia novas expulsións de migrantes dos centros de acollida,
Esta ONG leva tempo reclamando ao goberno central unha alternativa pra evitar que estas persoas acaben na rúa.
- O PSdeG lamenta que a Xunta trate de extremistas os milleiros de participantes na manifestación deste domingo en defensa do galego.
A deputada, Silva Longueira, propón a creación dun Libro Branco da Lingua coa participación das entidades dedicadas á protección do galego.
- O tempo. As chuvias foron estendéndose. Tra-lo paso da fronte baixan as temperaturas
Escuchar audio