A cita pra que os conselleiros de Facenda de toda España debatan a proposta da Ministra pra facer unha quita da débeda das comunidades é ás catro da tarde, pero o debate leva varias horas en marcha. esta mesma mañá o asunto volvía colarse no parlamento, nunha sesión de ocntrol que inicialmente ía tratar de vivenda e servizos públicos. A oposición entnede que esa quita permitiría adicarlles a estas cuestións máis fondos, e pídenlle a Rueda que acepte a proposta do goberno. O presidente da Xunta insiste en que o que precisamos é un mellor sistema de financiamento
- En Lugo, a Garda civil desartellou unha rede de narcotráfico que actuaba por toda Galicia.
A investigación iniciouse o ano pasado tras comprobar que un veciño da Coruña se dedicaba ó transporte de droga pra súa posterior distribución na comunidade.
- UGT abriu en Santiago o congreso marcado polo relevo de José Antonio Gómez tras dúas décadas na secretaría xeral.
Mañá saberemos quen o substitúe. Pra o cargo postúlanse os agora responsables do sindicato na Coruña e Ourense, Angel Iglesias e Cristóbal Medeiros.
- A Xunta pídelle ó ministerio de medio ambiente que faga un censo de xabaríns.
A conselleira ángeles Vázquez demanda unha estratexia común pra facer fronte ós danos e accidentes que provoca este animal.
- Novo paso para unifica-las condicións laborais dos bombeiros de tódolos consorcios galegos.
Tras Lugo e Ourense, hoxe en Pontevedra, Deputación, Xunta e sindicatos, asinaron o convenio colectivo que pon fin a dous anos de conflicto.
- O tempo. Hoxe co ceo con poucas nubes
Escuchar audio