Posta en marcha, coa presenza do ministro de Transición Dixital, do "estudo inmersivo" da Coruña, un plató virtal coa última tecnoloxía, de características únicas en Europa, que segundo óscar López vai atraer grandes producións audiovisuais a Galicia. O ministro tamén asistía ó primeiro consello reitor da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, que ven de inicia-la súa actividade presencial
- A CIG denuncia na fiscalía ó xerente da área Sanitaria da Coruña.
Quere que se investigue se ten responsabilidade penal na agresión con arma branca a un enfermeiro de urxencias.
- As traballadoras das residencias privadas afirman que non poden garantir o coidado que requiren os usuarios.
Aseguran que o problema empeorou co traslado de persoas que antes estaban internos en centros psiquiátricos.
- Unións Agrarias acusa á consellaría de Medio Ambiente de limitarse a buscar fóra culpables dos danos que causa a fauna salvaxe.
Di que o control dos xabaríns non se pode deixar só en mans dos cazadores e pide unha revisión do sistema de axudas.
- A Mesa critica a falta de transparencia na composición dos equipos de traballo que van revisar o plan do galego.
Hoxe presentou a manifestación do día 23 en Santiago, convocada co lema 'Paremos a emerxencia lingüística'.
- O tempo.... máis nubrado na metade oeste e temperaturas algo máis altas
Escuchar audio