A alcadesa da Coruña Inés Rey perde a cuestión de confianza vencellada aos orzamentos do 2025...as contas serán aprobados, previsiblemente, dentro dun mes.
- En Outes, o concelleiro socialista que a semana pasada saía do tripartito presentou este martes unha moción de censura que, de prosperar, daría a alcaldía ó PP.
-Expectación tamén na provincia polos aranceis en Estados unidos á industria do aluminio. A multinacional Cortizo, con sede en Padrón, está en plena expansión no país norteamericano.
-O BNG levou ao Parlamento a falta de médicos en Aguiño...o conselleiro de Sanidade asegura qua atención está garantida.
-Novo atraso no tren de madrugadores. O primeiro Rexional que sae ás 5 da madrugada de Vigo con destino á Coruña partiu hoxe con media hora de atraso debido a un fallo técnico no convoi.
Os usuarios frecuentes quéixanse dos continuos atrasos.
Isto no tráfico ferroviario, na estradas...un atropelo na Coruña, na Ronda de Outeiro, ás sete da mañá deixou a unha muller de 63 anos ferida grave, foi trasladada ao CHUAC.
Non é o único atropelo na cidade nás últimas horas. Antía Fernández...bo día
A este sinistro súmanse outros tres ocorridos na tarde de onte. O primeiro ás tres menos vinte, deixou a un ciclista ferido leve na Marina, que foi trasladado ao Hospital Modelo. O segundo a unha muller de 45 anos en San Cristóbal, tamén con feridas leves, foi trasladada ao CHUAC.
Ás nove da noite dous vehículos chocaron en Ronda de Outeiro, provocando que a piloto dun deles ficase atrapada. Tiveron que actuar os bombeiros pra poder sacala polo maleteiro.
Espertamos con lixeiras chuvias. Os termómetros marcan 11 graos na Coruña e 12 en Ferrol.
Na cidade herculina o tráfico é intenso en Linares Rivas, na avenida do Porto e no Paseo Marítimo.
En plaza España 32 corte de carril ata a 1 da tarde e tamén no Birloque ata ás seis, pola construcción de paso a peóns elevado.
En Ferrol o tráfico é fluido e sen incidencias
Escuchar audio