Os traballadores da dependencia esixen reforzos pra sacar adiante as valoracións e prestacións que precisan uns usuarios en aumento constante. A resposta á falta de persoal, din, non pode ser apartar ós profesionais das valoracións e informes, nin facer descansar toda a atención dos dependentes en familiares sen a preparación e tempo precisos por medio de bonos pro seu coidado. Hoxe saíron á rúa pra demandar un servizo digno de dependencia, e negar que se vaian acurta-los prazos cos cambios normativos que unifican a valoración e a petición de dependencia
- Os sindicatos médicos comezan as movilizacións contra o Estatuto da profesión que elabora o Ministerio de Sanidade.
Esta mañá concentráronse diante dos centros sanitarios para protestar por unha reforma que -din- lesiona os seus intereses.
- Delegados da CIG no sector das ambulancias piden medidas de prevención no transporte sanitario.
Aseguran que están especialmente expostos ás agresións, porque son os primeiros en chegar a moitas situacións de emerxencia.
- O BNG volve denunciar a falta de transparencia na tramitación da celulosa de Altri.
Pidelle á Xunta os documentos asinados a través da Sociedade Impulsa, unha entidade público-privada que busca atraer proxectos tractores.
- As mariscadoras de Arcade, no fondo da ría de Vigo, non volverán a faenar ata novembro.
A situación dos areais é crítica e piden que se fagan estudos para saber exactamente a razón da caída da producción
Escuchar audio