Os traballadores dos servizos sanitarios galegos lanzan hoxe un berro nítido contra as agresións nos seus centros de traballo. Este mediodía centos deles concentráronse pra denunciar un problema que condiciona o seu día a día. Hoxe mesmo coñecimos outra agresión en Muxía. Ante as urxencias do CHUAC, onde este luns se producía unha agresión con arma branca, demandaron seguridade e protocolos claros, que non poden ser unha folla colgada nunha paxina web... Tras rodea-lo hospital, tentaron ser recibidos pola xerencia, e producíronse momentos de tensión cando os axentes da policía impediron o seu avance. O Conselleiro aposta por avaliar os protocolos de actuación ante estas situacións, e as causas que están tras delas
- O BNG pide explicación á Xunta pola situación no psiquiátrico do Pino que ten un concerto co SERGAS.
Técnicos enviados polo Defensor del Pueblo denuncia violación de dereitos e mala práxis médica.
-A perda da carga de traballo en Stellantis ten consecuencias pras empresas auxiliares.
A multinacional MAGNA SEATING presentou un ERE pra 35 dos seus traballadores do Porriño; San Cibrao das Viñas, Faurecia estuda unha reestruturación do persoal.
- Os socialistas piden o apoio do Partido Popular para conseguir o uso do galego no Parlamento Europeo.
Creen que Alfonso Rueda debería respaldar esta proposta xa que estamos ante un sinal de identidade como é a lingua.
- ‘Rapa’, ‘As Neves’, ‘Honeymoon’ e ‘+ Cuñados’ fanse co maior número de candidaturas finalistas nos premios Mestre Mateo
A actriz Teté Delgado presentará a gala que se celebra o día 15 en Lalín
- O tempo. aumentan as nubes e a noite chegarán, de novo, as chuvias
Escuchar audio