Máis pasos contra as vivendas de alugueiro turístico en Galicia. Un fenómeno que segundo inquilinos e algunhas forzas políticas está a agrava-los problemas de acceso á vivenda residencial. A patronal adianta alegacións contra o proxecto aprobado pola Coruña que aspira a reducilas á metade e expulsalas do casco vello e zonas protexidas salvo en edificios íntegramente destinados a esta fin. Dinque só beneficiará ós hosteleiros e grandes propietarios. Mentres, o sindicato de inquilinos pide firmeza, e mira con esperanza ó novo PXOM de Vigo, que tamén regulará estas vivendas... A cidade olívica ten 4 de cada 10 VUTS das cidades galegas
- Incautados 142 quilos de tabaco de contrabando nunha operación realizada en Pontevedra.
Ademais permitiu localizar maquinaria e productos necesarios para o establecemento dunha fábrica clandestina en Pontevedra.
- Os sindicatos policiais consideran insuficientes as novas prazas destinadas polo Goberno a Galicia.
Están previsto cubrir 114 prazas, pero o Sindicato Unificado da Policía cre que son necesarias 200.
- O BNG propón un Sergas dos coidados.
Os nacionalistas avogan por deseñar todo un sistema garantista en torno á atención á dependendencia e ós servizos sociais.
- O PSdeG presentará medio cento de enmendas ó proxecto de lei que regulará a intelixencia artificial.
Entre outras eivas sinala que non ten en conta os dereitos de autor nin inclúe medidas concretas que incentiven o uso do galego.
- O tempo. Predominan as nubes, aínda que se van ir abrindo claros, e temperaturas máis baixas
Escuchar audio