Faltan moitos detalles sobre como pretende Estados Unidos aplicar os novos aranceis anunciados nas últimas horas, pero a falta de certezas o anuncio do presidente Trump xa provocou inquedanza e preocupación entre os empresarios galegos. Aquí están algúns dos maiores exportadores de aluminio de España, Cortizo, extrugasa, Alcoa, que son un dos seus obxectivos, pero tamén outras empresas, dende a eólica á alimentaria, que exportan os seus produtos ó país norteamericano e que temen as consecuencias nas súas contas de resultados
- Os veterinarios realizan hoxe un paro simbólico.
Protestan contra a normativa que lles limita a prescripción de antibióticos. O resultado, aseguran, é un tratamento máis tardío e moitas veces máis ineficaz.
- - En Pontevedra, Quirónsalud pecha a Unidade de coidados intensivos e despide a nove traballadores.
A dirección xustifícao pola diminución de ingresos; os traballadores atribúeno a mala xestión.
- O único edil socialista de Outes únese ó PP pra presentar unha moción de censura ó alcalde de Compromiso.
Ata hai uns días formaba parte do goberno local no que tamén está o BNG. A iniciativa non ten o apoio do PSOE.
- Na coruña, Inés Rey non ten a confianza do pleno da Corporación.
Vinculou a votación ós orzamentos de 2025 que quedarán aprobados se a oposición non se pon dacordo para presentar unha moción de censura
- O tempo. Aumenta a nubosidade e as chuvias vanse ir estendento pola tarde
Escuchar audio