6 de xaneiro, día de reis. As súas maxestades pasaron polos fogares galegos para deixar os agasallos. Os máis madrugadores xa estarán espertos, nerviosos, pra ver se Melchor, Gaspar e Baltasar, fixeron caso ás súas peticións... Peticións que os máis pequenos trasladaron onte nunhas cabalgatas que conseguiron evitar a auga e que viñeron con algunha sorpresa...
Despois dos cambios nos percorridos, os defiles transcurrion sen maiores incidencias....
Mentres, na Pobra do Caramiñal, unha mancha de hidrocarburo no mar obrigou a activar o plan antocontaminación da Xunta. Ao parecer, procede da antiga fábrica de Hadasa. Os veciños xa alertaran desas verteduras. Segundo a consellaría, a mancha xa está controlada.
E este 2025 a xestión das tarxetas moedeiro pasará a ser competencia das comunidades autónomas. A rede galega contra a pobreza cre que é un sistema moi restrictivo e poñen como un bo exemplo a tarxeta básica da Xunta activada tra-la pandemia.
Nos deportes, o Ourense gana ao Real Valladolid 3 a 2 na Copa do Rei e pasa a oitavos de final.
O tempo. Continúa a alerta laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. A Xunta estendeuna tamén á mariña lucense
Escuchar audio