Arrancamos o martes con dous sucesos. Unha muller de 42 anos faleceu este día de Reis no incendio da súa vivenda en Oleiros
En Porto do Son, un particular alertou da aparición dun corpo sen vida na praia de Arnela
- Na Pobra do Caramiñal, a Xunta mantén a vixilancia trala vertedura de hidrocarburos detectada no mar este domingo. Tamén neste concello as administracións buscan solucións pra retoma-la acividade no club de remo calcinado nun incendio.
-A lotaría no Deno apenas reparte sorte na provincia. Tocaron uns décimos soltos do segundo e o terceiro premio. A maioría deles foron vendidos por máquina.
-Este 7 de xaneiro celébrase o 75 cabodano de Castelao. A partir deste martes a provincia vai celebrar diversos actos pra reivindicar a súa memoria. Comezan hoxe no Panteón de galegos ilustres, en Bonaval
Escuchar audio