O pico da gripe chegará antes do 26 de xaneiro aínda que o aumento de casos xa se nota desde a última semana do 2024. Porén, non hai un aumento significativo da covid en Galicia.
Nun ano que comezou con novas subidas nas peaxes da AP9, a asociación En Colectivo segue na súa loita contra a prórroga da concesión. Agarda que Europa non se demore en sancionar a España.
Nos deportes, hoxe sorteo de oitavos da Copa do Rei de fútbol con tres equipos galegos: Celta, Ourense e Pontevedra.
Todo nun mércores de mal tempo, de moito vento. O refacho máximo, de 142 quilómetros hora, rexistrouse hai unha hora na Gándara, en Vimianzo. En canto a chuvia, Lousame leva xa 42 litros e medio acumulados por metro cadrado. Consulten a información aérea, o voo de Santiago a Barcelona de primeira hora non vai despegar ata media mañá, este martes quedou cancelada unha conexión da capital galega con Madrid.
Escuchar audio