24 anos de prisión para Diego Montaña por asasinar a Samuel Luiz coa agravante de discriminación sexual, 20 para Kaio Amaral por asasinato e roubo do teléfono, 20 para Alejandro Freire por asasinato e 10 para Alejandro Míguez como cómplice. Á espera de posibles recursos, remata o proceso xudicial polo crime do mozo coruñés en 2021. Estas son as penas establecidas polo xuíza despois de coñecer hai uns meses o veredicto do xurado popular.
E estamos pendentes dunha nova operación contra a droga con 9 detidos e mil quilos de cocaína incautados no porto de Vigo.
Nuns minutos os detalles, tamén da situación da poboación galega con poucos recursos. As rendas mínimas de inserción non chegan nin ó 3 por cento dos que as precisan.
Todo nun día no que continúa o aviso laranxa por temporal costeiro en todo o litoral, excepto na Mariña
Escuchar audio