O sector pesqueiro está pendente de Bruxelas. Coñecida a decepción polo novo recorte nas posibilidades de pesca de pescada no Gran sol, agora a boa noticia podería ser que se autorice de novo a pesca dirixida ó xurel. Prohibida desde hai dous anos.
Contarémolles que significa a posta en marca de varias zonas de inuncación controlada.
E, nos próximos minutos escoitaremos ós veciños de Moaña quie demanda quie se recuperen na vila servizos que tiñan antes da pandemia. Este martes levaron as protestas a Vigo, ante a delegación da Xunta.
O tempo. Non hai cambios... segue frío. Máis nestas primeiras horas nas que hai abundantes bancos de neboa. Unha noite máis cos termómetros en negativo en moitas comarcas do interior. Meteogalicia situou a temperatura máis baixa, -5,3 graos, en Calvos de Randín, en Ourense. Pero rexistrranse tamén valores baixos en zonas próximas á costa
Escuchar audio