Os traballadores de Circet, a concesionaria de Vodafone e Movistar, continuarán a folga prevista en protesta polo ERE que afecta ao trinta por cento do persoal da provincia...
Os traballadores decidiron nas últimas horas non aceptar a última proposta da empresa.
-Os veciños de Aguiño, en Ribeira, aumentan as súas protestas cunha recollida de sinaturas, pra esixir a reposición dos dous médicos de atención primaria do centro periférico da parroquia.
-Falece unha muller de 68 anos, con mobilidade reducida, nun incendio na súa casa, ubicada no barrio coruñés de Palavea. A policía investiga agora as causas do lume.
- O colectivo "O Mural" descobre unha nova pintura de Urbano Lugrís no local da rúa Olmos, na Coruña. Unha nova creación do artista herculino que non catalogaron nin a Xunta nin o concello
Escuchar audio