É un dos produtos estrela deste mes, protagonista nas mesas de moitos galegos en Noiteboa ou en Fin de ano pero este ano a vieira galega periga. O inicio da campaña está a ser malo, non hai produto e os barcos buscan hoxe aumentar capturas nas novas áreas autorizadas pola Xunta.
De momento as embarcacións non chegan ó tope permitido por día. A vieira sofre un descenso que as confrarías cualifican xa de alarmante e barallan solicitar un paro na faena para recuperar a especie
- Os gandeiros esperanzados coa posible rebaixa nas medidas de protección do lobo.
Os ecoloxistas cren que ante unha polémica artificial e que os danos que causa o lobo son mínimos.
- Concentración dos traballadores de Circet as portas do Parlamento.
A concesionaria de operadoras como Movistar ou Vodafone pretende prescindir en Galicia dunha terceira parte dos empregados.
- Dirección e Comité intercentros de Navantia pecharon esta madrugada un principio de acordo sobre o convenio colectivo.
Os traballadores valoran as melloras no plan de relevo, na xubilación anticipada, e no sistema de promocións.
- A Xunta anuncia unha ampliación do Bono comercio.
2, 5 millóns que se poderán empregar a partir do luns. A iniciativa será publicada mañá no Diario Oficial de Galicia
Escuchar audio