En Carballo, os veciños pregúntase polas razóns que levaron a dous homes a matar a tiros a outro nun bar desta localidade coruñesa. As primeiras hipóteses apuntan a un axuste de contas, porque o roubo parece descartado.
A garda civil fíxose cargo da investigación pero, de momento, non hai noticia de detencións. A garda civil tamén leva o caso doutra morte en Cangas. Neste caso trata de dilucidar se unha anciá, que non se podía valer soa, morreu polo abandono da familia. A autopsia acreditou que faleceu desnutrida e deshidratada.
Agora lles contamos os últimos datos. Pero antes, con Antía Fernández, presentámolles outras noticias destacadas deste xoves víspera da ponte da constitución
- vivenda merca máis dunha vintena inmobles que estaban en mans do chamado da Sareb, o chamado banco malo.
A conselleira critica que a Comunidade Autonónoma tivese que pagalas no lugar de obter a cesión de balde.
- Despois de catro anos de negociacións hoxe podería quedar desbloqueado o conflito en Vitrasa.
Dirección e comité alcanzaron un preacordo que debe ser ratificado agora polos traballadores.
- A Xunta reclamará ó Gobierno os gastos que asumiu pola limpeza do vertido de granulados do "Toconao"
A conselleira de Medio Ambiente, que no aniversario do vertido visitou unha praia de Porto do Son, dixo que están preparando un recurso de alzada.
- O PSdeG denuncia que a Xunta devolve 22 millóns e renuncia a máis de tres mil novas prazas nas escolas infantis.
Detalla que só creou 205 novas prazas en tres anos mentres destinou 45 millóns á rede de escolas privadas.
- O tempo. Estará máis aberto canto máis ó lesto. Na franxa atlántica aínda pode caer algunha chuvia feble
Escuchar audio