Seguen chegando as reaccións aos orzamentos presentados pola Xunta para o vindeiro ano... A patronal eólica cre que a estratexia de repotenciación de parques contemplada na lei de acompañamento non lle vai facer ningún ben a Galicia. Alertan de que vai xerar moita inseguridade xurídica, sumada á que xa hai actualmente pola paralización de numerosos parques por parte do Tribunal Superior de Xustiza.
Mentres, o PPdeG denuncia as mentiras que, din, o goberno central está a dar como escusa pra non transferir a AP-9 a Galicia. Pros populares trátase dunha clara falta de vontade política.
No tempo de entrevista contaremos coa presenza en Radio Nacional do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, co que repasaremos os numerosos retos do seu departamento.
Fóra da política, continúa a procura da rapaza de 14 anos desaparecida o pasado martes na zona da Costa da morte. Os labores de busca estanse a complicar no mar polas condicións meteorolóxicas. Este sábado un veciño atopou a súa mochila.
Nos deportes, hoxe o celta procura a súa segunda victoria consecutiva lonxe de Balaídos.
Escuchar audio