A enquisa de poboación activa deixa un balance moi positivo do terceiro trimestre do ano en galicia. A taxa de paro caeu ata o 8.8%, dous puntos por baixo da nacional, aínda que con moita diferencia entre provincias. Creáronse máis de 23 mil postos de traballo, pero os sindicatos cren que se trata dunha situación coxuntural, marcada polo emprego precario e temporal. Haberá que agardar ó peche do ano pra saber se a tendencia se mantén...
- Os mariscadores da ría de Muros-Noia aínda terán que agardar polo menos ata a semana que vén pra poder faenar.
As últimas analíticas mostran unha leve melloría, pero que aínda non é suficiente para recuperar a actividade.
- Unións Agrarias vén de pedir en Lugo que se renegocien tódolos contratos da industria cos productores de leite.
Nos últimos catorce meses ese prezo por litro baixou un trinta por cento, mentres subiron os custes de producción.
- A CIG ensino sácalle relevancia ó anuncio da Xuntga de que o ano que ven esgotar a taxa de reposición no corpo docente.
O sindicato nacionalista afirma que na práctica a cifra de profesores non se vai incrementar
Escuchar audio