Malia a expectación que xeraba as súas declaracións, os dous menores no momento da agresión a Samuel Luiz apenas aportaron información adicional sobre o caso na vista deste xoves. Hoxe non haberá sesión do xuízo, vaise reanudar o luns... tamén o do asasinato da panadeira do Birloque, que onte tamén celebraba unha das súas últimas vistas noutra sala da Audiencia Provincial. Os forenses descartan que o acusado tivera as capacidades cognitivas afectadas no momento dos feitos, como aseguraba a súa defensa.
-Os alcaldes dos concellos polos que transcurre a AP-9, conformarán unha asociación para defender os seus intereses . Piden entre outras cousas o cobro de atrasos do IBI e a actualización catrastral
- A ría de Muros-Noia, continuará pechada como mínimo ata o martes, polos altos niveis que ten de toxina lipófilica. Neste informativo falaremos con Adelo Freire, secretario da confraría de Noia.
- O concello de Brión e a consellería de educación asinarán un acordo para mellorar as instalacións do colexio e do instituto do municipio. A Xunta tamén facilitará a construcción dunha dársena de autobuses
Escuchar audio