A Xunta inicia hoxe os contactos cos grupos parlamentarios pra tratar de alcanzar un pacto pola lingua tra-los alarmantes datos da caída de galegofalantes. O conselleiro José López sinala que convoca estas reunións cos partidos con votade de diálogo. Pero despois de escoitar a Alfonso Rueda e Ana Pontón no Parlamento, as diferencias parecen insalvables.
No xuizo pola morte de Samuel Luiz hoxe declaran os dous menores que xa foron condenados. E, estamos pendentes dunha ampla operación contra o tráfico de drogas na que alomenos hai cinco detidos.
Deportes. Partidos para Deportivo e Racing en Segunda división. Mídense fóra ó Levante e ó Burgos.
O tempo. Unha fronte chegará a Galicia na segunda metade do día: pola mañá irase nubrando e á tarde chegarán as chuvias e iniciarase un descenso das temperaturas
Escuchar audio