Novos pasos na moción de censura dos grupos de esquerdas no Concello de Mugardos. BNG, Esquerda Unida e PSOE terán unha nova reunión o vindeiro día 28. Os nacionalistas liderarían a alternativa pero non asumirán a alcaldía de non garantirse a estabilidade e a boa xestión. Os veciños mugardeses saíron esta fin de semana á rúa pra protestar polo abandono que din, está a sufrir o concello.
-Reanúdase o xuízo de Samuel Luiz na Audiencia Provincial da Coruña. Hoxe está previsto que declaren viandantes e amigos dos acusados.
-A ría de Muros-Noia permanece pechada dende o pasado xoves ao detectarse presenza de toxina. A campaña do marisco, recén comezada, quedará pechada ata que haxa dúas análises con resultado negativo.
- Novas investigacións revelan que o Castro de Elviña da Coruña foi construido antes da chegada dos romanos. Nos vindeiros minutos conversamos sobre este novo achado co director da investigación
Escuchar audio