Case 14 mil millóns de euros. É o orzamento da Xunta para 2025. As contas xa están no Parlamento para a súa tramitación. A partida de sanidade, unha das áreas máis sensibles, sobe un cinco por cento. De contado debullamos as cifras.
Na oposición, a portavoz do BNG, Ana Pontón cre que os datos son pura propaganda. E o socialista Gómez Besteiro cualifica as contas de decepcionantes.
Todo no Día do Cancro de Mama: nuns minutos escoitaremos a importancia da axuda psicolóxica para as pacientes, un recurso que escasea. Tamén recolleremos as queixas da área sanitaria de Vigo pola saturación no servizo de radioterapia.
Nos deportes, o protagonismo está en Balaídos. O Celta recibe esta noite ó Real Madrid
Escuchar audio