O conselleiro de Facenda reúnese en pouco máis dunha hora coa alcaldesa de Santiago, pra abordar os detalles da normativa da taxa turística. Raxoi insiste en que sexa a administración galega quen a recade, mentres, a Xunta reitera que deben xestionala os concellos.
-O 95 por cento dos pisos en alugueiro da Coruña, e o 90 por cento dos de Santiago, non son accesibles pra un salario medio en Galicia. Son datos do último informa da Asociación Galega de Inmobiliarias.
-Terceira sesión do xuízo polo crime de Samuel Luiz coas primeiras testificais. Este xoves dous acusados en liberdade provisional defenderon a súa inocencia, e sinalaron a Diego Montaña e a Alejandro Freire como os autores do ataque.
- O Centro Dramático Galego presenta no auditorio de Galicia as "Bruxas de Salem", de Arthur Miller, unha colaboración co Teatro Nacional San Joao, do Porto
Escuchar audio