Foi unha cacería brutal e inhumana, un grupo de persoas que actuou como unha manada, e que sabía que podía causarlle a morte a Samuel Luiz. Así describiron as acusacións esta mañá, nas súas primeiras exposicións ante o xurado, o relato dos feitos do mes de xullo de 2021, que acabaron coa morte do mozo. Fronte a eles, as defensas armaron hoxe os seus primeiros argumentos: apelaron ó consumo de alcol a noite dos feitos, e negaron en varios casos a súa participación na paliza que lle causou a morte
- Esta tarde manifestación en Vigo pra reclamar á Xunta que dote de profesores de apoio ós colexios.
Directores e familias sinala que cada vez hai máis alumnos con necesidades específicas e o catálogo de profesores está obsoleto.
- Primeiros despedimentos en empresas auxiliares de Alcoa.
Seis traballadores de Edyproga recibiron a carta de despedimento e os seus compañeiros iniciarán unha folga indefinida a vindiera semana.
- O BNG pídelle á Xunta que inicie os trámites para o rescate das concesións das autovías Coruña-Carballo e Vigo-Baiona
Son as dúas vías, competencia da Xunta, con cabinas de peaxe. O Bloque considera que mantelas supón unha discriminación.
- As artes escénicas toman desde esta tarde a capital ourensá.
Comeza unha nova edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense que pon o foco no medio ambiente, a desigualdade ou a crise migratoria.
- O tempo. van continuar os chuvascos pero as temperaturas manteñen valores agradables
Escuchar audio