Tres anos despois, o crime de Samuel Luiz chega ós tribunais. Na Audiencia Provincial da Coruña elíxese hoxe ó xurado que decidirá o delito dos cinco acusados.
Tamén na Audiencia Provincial declara hoxe o acusado de matar á súa parella no barrio coruñés do Birloque .
-A primeira poxa da campaña da Ría de Muros e Noia concluíu con prezos que a confraría agarda mellorar, sobre todo do berberecho, que se vendeu a entre 22 e 5 euros con 30 céntimos.
-A Axencia galega de Emerxencias activa esta mañá, ás dez, unha proba de alerta masiva que fará soar 300.000 teléfonos, ao mesmo tempo, da Coruña e Arteixo.
- O concello de Santiago reclama máis de 700.000 euros á empresa Setex Aparki pola liquidación do seu contrato, debido á municipalización da xestión da zona ORA
Escuchar audio