Coa constitución do xurado hoxe arrinca na Coruña o xuizo pola morte de Samuel Luiz no que hai cinco acusados. En Vigo outro xurado declarou culpable de homicidio ó home xulgado por matar a un profesor na rúa Areal. E, aínda outra cita nos tribunais, neste caso na Audiencia nacional, o novo xuizo contra dous membros de Resistencia Galega.
A Xunta anuncia o rescate da concesión de catro autovías, nas que non había cabinas de cobro. Non están as dúas nas que os usuarios pagan directamente a peaxe: Coruña-Carballo e Vigo-Baiona.
E, se vive na área da Coruña teña en conta que sobre as dez lle vai soar unha alarma no móbil. É a proba dun simulacro da Xunta para avisar á poboación no caso dunha emerxencia
O tempo. Aumenta a inestabilidade atmosférica en Galicia coa aproximación dunha borrasca polo sur e que a próxima noite traerá de novo chuvias a toda Galicia
Escuchar audio