Varios centros de ensino aínda non poderán reanudar hoxe con normalidade as actividades. Por danos nas instalacións este mércores houbo que suspender as clases no Grove, Porto do Son, Pontecesures ou Outes.
En moitos municipios aínda toca facer reconto de danos e amañar os desperfectos provocados pola borrasca que tamén deixa perdas importantes no agro... boa parte do millo que non fóra ensilado botouse a perder.
Das últimas horas destacamos tamén o anuncio de que a próxima semana o goberno iniciará os trámites pra poñer en marcha novas bonificacións na AP-9.
Deportes: O San Tirso, equipo do concello coruñés de Abegondo, coñecerá hoxe a que equipo de primeira se vai enfrontar na Copa... os preferidos, Atlético ou Celta. No sorteo tamén estará o Compostela que gañou en Sestao.
Escuchar audio