Os restos do furacán Kirk deixan un forte temporal de vento e chuvia que nos afecta especialmente durante estas primeiras horas da maña. Hai aviso laranxa en toda a comunidade e nas distintas áreas marítimas, agás nas Rías Baixas onde MeteoGalicia a elevou a vermella.
De momento, os incidentes son de escasa importancia e están protagonizados, sobre todo, pola caída de árbores e pólas.
A Consellería de Educación suspendeu as actividades no exterior durante todo o día en tódo-los centros educativos de Galicia
Nestas primeiras horas da mañá vana continuar as chuvias xeneralizadas, intensas e persistentes. Os ventos do suroeste con intensidade moi forte durante a mañá, co avance da tarde virarán a noroeste e irán amainando.
Destacan tamén as altas temperaturas... por exemplo na Coruña ás tres da mañá había case 24 graos e 22 en Ourense ou Vigo.
Escuchar audio