A Liga vaise persoar como acusación nos procedementos xudiciais que se abran contra os incidentes desta fin de semana na Coruña, protagonizados polos ultras do Málaga antes do partido contra o Dépor.
- A partir das doce debátese no concello de Muxía unha moción de censura contra o alcalde socialista Iago Toba. O que fora patrón maior da confraría, o independente Francisco Javier Sar, será o novo rexedor co apoio, previsiblemente, de PP e BNG.
-A plataforma veciñal de Infesta, en Betanzos, reclama actuacións urxentes na parroquia de Requián pra garantir a aseguridade viaria.
- Na cultura, conversamos coa oboísta Iria Folgado, de San Sadurniño, asentada en Berlín con praza nunha das orquestras máis prestixiosas de Europa. Está tamén presentando o seu primeiro disco, "Ecos de Breogán"
Escuchar audio