O negocio das planeadoras destinadas ó narcotráfico de novo no foco das forzas de seguridade. Continúa aberta a operación centrada no Salnés: xa trascendeu o arresto de 14 persoas e a incautación dun importante alixo de heroína.
Importante incremento do paro en setembro, aínda que a evolución interanual segue a ser positiva; e a Xunta anuncia que as pemes serán as grandes beneficiadas da nova comercializadora de enerxía que pretende poñer en marcha o ano que vén.
O tempo. Aumenta a influencia anticiclónica en Galicia e non se agardan chuvias. Estará máis cuberto nestas primeiras horas.
Onte en Cuntis achegáronse ós 100 litros por metro cadrado, pero tamén se recolleron rexistros superiores ós 70 litros noutros municipios da Coruña, Pontevedra ou Lugo
Escuchar audio