A xornada de folga xeral convocada pola CGT en contra do xenocidio palestino conseguiu esta mañá un dos principais éxitos coa suspensión dun dos primeiros servizos de tren do eixo atlántico. Á tarde-noite están previstas concentracións e manifestacións nas principais cidades. Un movemento que agradecen os palestinos que viven entre nós, refuxiados da guerra, e que viven dende hai un ano coa incerteza diaria do que poida acontecer coas súas familias. Escoitamos hoxe a un deles
- O rescate da AP9 custaría menos de mil millóns de euros, segundo informe encargado polo BNG.
O estudo recolle que recuperar a concesión suporía un aforro de 2 mil millóns tendo en conta o que hai que pagar ata 2048 polas chamadas peaxes na sombra.
- No concello de Ourense, os sindicatos veñen de aprobar a convocatoria dunha folga de persoal.
Un novo episodio na serie de enfrentamentos co rexedor da cidade, Gonzálo Pérez Jácome, pola súa xestión en materia laboral.
- Os sindicatos que asinaron coa Xunta un acordo para a mellora do sistema educativo denuncia o seu incumprimento.
Aseguran que a consellaría retrasa a incorporación de profesores e anuncian a presentación dunha demanda.
- Protesta no Courel pra demandar un transporte escolar máis seguro.
Pais e alumnos piden un vehículo escolar adaptado pra superar o desvío perigoso con motivo das obras na estrada principal de Seoane a Folgoso.
- O tempo. Xa con chuvascos máis espallados e temperaturas que rondan dos 20 graos
Escuchar audio