O parlamento galego volveu hoxe reflexa-las diferencias entre goberno e oposición pola forma en que se xestionan e fiscalizan os gastos. Nesta ocasión sometíase a debate o informe de fiscalización do ano 2021... Un retraso que nacionalistas e socialistas consideran forzado polo goberno co obxecto de reduci-la transparencia... O PP négao e insiste en defender o seu traballo na redución da débeda.
Tampouco houbo acordo no pazxo do hórreo entorno ó proxecto de lei de cultura inclusiva e accesible. O PP rexeitou as emendas á totalidade de BNG e PSOe que cren que falta ambición
-- Os 107 barcos da Asociación de cerqueiros galegos están nunha situación crítica, sen posibilidades de pesca e amarrados
Agárdalles un periodo de inactividade duns seis meses, algo que non pode soportar ningunha empresa. E Bruxelas propón baixar as cotas de bocarte e xurelo.
-- Os avogados e procuradores da quenda de oficio buscan resposta ás súas demandas tras 10 meses de folga
Denuncian unha situación delicada, agravada polas baixas masivas en distintos puntos da comunidade. Insisten en demandar unha regulación xurídica e subas nas retribucións
-- Continúan as protestas por falta de profesores de apoio no ensino.
Desta volta foron diante da Escola Infantil Rúa Aragón de Vigo. Trátase dun centro no que hai unha alta porcentaxe de nenos con necesidades especiais.
-- O Consello de Europa reclama a eliminación de limitacións para o uso do galego.
Concretamente pide as autoridades que garantan o seu uso nas asignaturas científicas, que se tomen accións axiña nese sentido e non se poñan trabas na xustiza
Escuchar audio