Espertamos hoxe coa noticia da morte acoitelada dunha muller de 60 anos nas Neves, en Pontevedra. O seu fillo de 20 anos foi detido como presunto autor duns feitos que as forzas de seguridade están a investigar...
En Pontevedra, mentres, péchase un capítulo no xulgado coa petición de perdón por parte do propietario dunha pirotecnia que estourou en 2018 deixando dous mortos, deceas de feridos e danos en múltiples vivendas
- O grupo socialista denuncia irregularidades por valor de 45 millóns nun só ano nos contratos do goberno galego
Contratos que detectou e paralizou o tribunal administrativo dependente da Xunta, por erros na tramitación. Investigarán qué hai detrás, e se sucedeu o mesmo en anos anteriores.
- Concentracións ante as sedes de patronal das distintas cidades en Galicia para reclamar a redución da xornada laboral.
Os sindicatos convocantes, UGT e Comisións Obreiras, rexeita os argumentos catastrofistas da patronal.
- A Xunta sinala que o decreto aprobado polo goberno que regula a instalación da eólica mariña chega dous anos tarde.
Preocúpalle que non se tiveran en conta as compensacións ós sectores afectados e dar máis peso dos sectores non económicos nas poxas.
- O Partido Popular queda coa alcaldía de Mondariz.
Alternativa por Mondariz, á que pertencía o anterior rexedor, non presentou candidato.
- O tempo.
Tra-lo paso da borrasca, quedamos nunha situación de chuvascos con temperaturas máis baixas dende a próxima noite
Escuchar audio