O anuncio o venres pasado de que a Xunta aprobará antes de que remate o ano a taxa turística espertou o interse de máis municipios que Santiago para poñela en marcha en canto se poida. Esta semana mesmo comezarán as xestións os alcaldes de concellos como a Illa, O Grove ou Muros. Alí os veciños están cansos de sufragar servizos para a avalancha de turistas que desde hai uns anos os invaden nunha temporada que cada vez se alonga máis.
No ensino esta semana seguen as queixas en centros escolares por problemas no inicio do curso que desde a consellería consideran puntuais.
Nos deportes o Celta sumouse a tarde pasada ás derrotas dos equipos de fútbol galegos: nin o Dépor nin Rácing sumaron puntos.
No meteorolóxico hoxe é un día de transición á espera dunha fronte que chega pola noite.
Escuchar audio