Van xurdindo voces, tamén na provincia, sobre o último informe da Xunta sobre a fusión municipal. Dous dos concellos aludidos, Santiago e Teo, rexeitan a unión e apuntan ó principal problema de fondo: o escaso financiamento e as competencias impropias.
- A Xunta e o concello de Santiago reuniranse este venres pra abordar a taxa turística. O concello compostelán vén de precintar, por primeira vez, tres VUT sen licenza.
- O PP da Coruña tamén presentará alegacións ó convenio de urbanización das Xubias. Súmase así ó BNG, á plataforma Defensa do Común e a varios colectivos veciñais.
- O BNG denuncia que os estudantes da Universidade da Coruña son os máis prexudicados no acceso á vivenda. Considera discriminatorio que a Xunta apenas oferte prazas públicas en residencias na cidade herculina
Escuchar audio