O detido por intentar matar a súa exparella en Vigo pasa hoxe a disposición xudicial. O home, de 41 anos, é veciño de Gondomar. A vítima, de 29, continúa hospitalizada.
Damos conta tamén das agresións a sanitarios. O ano pasado houbo unha media dun episodio violento cada dous días en hospitais ou centros de saúde galegos.
Tamén iremos nos vindeiros minutos ata Trabada. Concentración alí en defensa da sanidade pública.
E no tempo de entrevista, recibimos ó conselleiro de Educación, Román Rodríguez, neste comezo de curso marcado polas protestas dalgunhas Anpas pola falta de profesorado.
Nos deportes, en menos de media hora comeza o Celta-Valladolid
Escuchar audio