O BNG forzará unha investigación no Parlamento para destapar todo o que o PP quere esconder, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón.. O Partido Popular, coa súa maioría, rexeitou a iniciativa no pleno, pero o Bloque pode impulsala cos seus 25 escanos, aínda que unha única vez na lexislatura.
Este once de setembro é día sinalado en moitas casas: comeza o curso escolar. E faino con protestas como as que hai previstas hoxe en Rianxo ou Brión pola falta de profesores.
O tempo..... Entra unha fronte fría pouco activa polo norte da Comunidade
Escuchar audio