O curso político comezaba este xoves na Coruña cun pleno moi completo. Foron máis de tres horas de debate sobre diversos asuntos, entreles, o convenio das Xubias. A alianza entre o BNG e o PP instar ao concello a que se suspenda este acordo, ao pensar que só persegue os intereses privados. Sobre a mesa, tamén outros temas de actualidade, como a regularización do polígono de Pocomaco, as obras dos cantóns ou as becas comedor.
- Os socialistas composteláns van levar ó próximo pleno unha iniciativa na que lle requiren a alcaldesa o cumprimento dos compromisos adquiridos.
-Aberta unha liña de diálogo no conflito do lixo de Carballo. A folga non se desconvocará ata chegar a un acordo.
- Os propietarios das Fragas do Eume seguen sen chegar a ningún acordo coa Xunta sobre as compensacións polos seus terreos. Piden á administración máis transparencia nas notas de prensa que publican
Escuchar audio