A taxa turística centra a actualidade da xornada.
A alcaldesa de Santiago lamenta que o presidente da Xunta non vaia estar mañá no encontro convocado pola Dirección Xeral de Turismo. Goretti Sanmartín non confirma que ela poida asistir, pero xa avanza que na reunión haberá representación do goberno local.
Mentres, Alfonso Rueda xa agoira que a implantación da taxa non vai ser doada.
Por outra banda, confírmase que a enfermidade hemorráxica epi-zoótica chega tamén á nosa provincia. A Xunta vén de notificar cinco novos focos e os cinco corresponden a comarcas veterinarias coruñesas. Concremente foron localizados en explotacións bovinas de Arzúa, As Pontes, Santiago, Teixeiro e Melide.
- Ecoloxistas en Acción denuncia á Xunta ante a Fiscalía europea polo Eixo Milladoiro-Santiago. Un vial para bicis e peóns que conta con 7 millóns de euros de fondos Next Generation.
- Novas sentenzas sobre as expropiacións de Costa Miño obrigan ó concello a pedir outro préstamo dun millón de euros. Hoxe celébrase un pleno extraordinario e urxente para tramitar a solicitude.
- O Camiño Francés poderá percorrerse de forma virtual grazas á app Camiño de Santiago 360. Dixitaliza as rutas e permite saber a tempo real cantos peregrinos hai en cada etapa
Escuchar audio