A oposición anuncia unha ofensiva desde os concellos contra a suba que Sogama quere aplicar ós concellos polo tratamento de lixo. Incremento que os municipios deberían repercutir nos cidadáns. A recollida de lixo tamén está a resultar un grave problema para o concello da Coruña, que non está en Sogama. A concesionaria, co contrato prorrogado, viu como onte lle ardian seis camións de recollida de residuos. Un incidente que se relaciona coa recente folga.
Escuchar audio