O epicentro da política está hoxe no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O PP comeza alí curso político, coa presenza do líder nacional, Alberto Núñez Feijóo. Discursos con críticas reiteradas ó Goberno ó considerar que cede á chantaxe dos nacionalismos mentres discrimina a autonomías como Galicia.
Das estradas, e en plena operación Retorno do Verán, a autovía A-8 tivo que ser cortada xa de madrugada á altura do Fiouco, unha vez máis por mor da néboa. A circulación entre Lourenzá e Abadín está a ser desviada pola Nacional 634.
Ademais, un peón de 53 anos faleceu este sábado ó ser atropelado por un turismo no concello coruñés de Brión.
E na Coruña, a policía busca a un home que agrediu con arma branca ó condutor dun autobús na Mariña.
Por outra banda, Galicia despide o mes de agosto con máis de 230 hectáreas afectadas por incendios forestais, segundo as últimas cifras actualizadas.
Escuchar audio