As víctimas do Alvia critican a falta de resposta dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE, con responsabilidades no goberno, tra-la sentenza que condenou ó Adif. Rexistraron unha petición de entrevista co ministro Óscar Puente o que lle demandan o relevo da actual directora xeral de Seguridade de Adif, Esther Mateo.
Por certo, o titular de transportes volverá a comparecer, neste caso no Congreso, para dar conta das numerosas incidencias ferroviarias.
Deportes: Segunda tirada en Galicia da volta ciclista a España con saída e chegada a Padrón.
O tempo: Perdemos a influencia anticiclónica co paso dunha fronte moi desfeita. Teremos máis nubes e non se descarta algunha chuvia feble no noroeste.
Escuchar audio