Os armadores do cerco piden unha reestructuración da cota. Din que non poden sobrevivir traballando só 6 meses ó ano.... Mañá boa parte dos barcos verase obrigado a amarrar ó esgotar a cota de sardiña.
Outro sector, o marisqueiro, que xa leva un moi mal ano de capturas, enfróntase agora no verán a actividade dos chamados furtivos de bañador.
E a piques de comezar a vendima, a conselleira de medio rural adianta que esta semana fará públicas as medidas pra Ribeira Sacra despois de que as adegas confirmasen que non van poder recoller toda a uva
Deportes.. O Celta caeu no desconto en Vila-real despois de adiantarse dúas veces no marcador.
O tempo....Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre as altas presións situadas nas Azores e as baixas movéndose polo norte. O ceo estará máis aberto no leste.
Escuchar audio