Dous mozos veciños de Vigo perderon a vida a pasada medianoite nun accidente de tráfico. Viaxaban nunha moto coa que bateron primeiro contra un turismo e logo contra un camión de recollida de lixo. O sinistro produciuse nunha curva considerada un punto negro na nacional 550 en Cesantes, Redondela.
Os accidentes mortais en motocicleta aumentaron un 70 por cento no que vai de ano. Xa son 24 os falecidos.
En, Vigo, Baiona e Noia despiden este martes aos mariñeiros César Acevedo, Santiago Leyenda e Antonio Barreiro, tripulantes do palangreiro Argos Georgia, falecidos no naufraxio do buque ocorrido o pasado 23 de xullo, ao oeste das Malvinas.
E, nas Neves vai ser enterrada a moza de 17 anos asasinada o sábado polo seu padrastro en Toledo.
Escuchar audio