A atención aos maiores en Galicia está na corda frouxa... o goberno galego quere suprimir o requisito de dispoñer de enfermeiras durante todo o día nas residencias que superen as 40 prazas. Os xeriatras cren que a mortaldade en Galicia non é tan alta grazas á boa calidade de vida e os bos coidados familiares.
E hoxe é o día de Galicia Mártir. Está a ter lugar agora mesmo o acto principal, en Poio, no que asisten tanto representantes da Xunta como do BNG, que ve con receo a asistencia do goberno galego.
E a poucos kilómetros, na provincia pontevedresa, está activo agora mesmo un incendio forestal en Ponte Sampaio. O de Ponteareas xa se deu por estabilizado.
Todo nunha fin de semana de moitas festas e citas culturais, unha delas está na Coruña, co Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, ao que poderemos achegarnos no tempo da entrevista.
Escuchar audio