Unha finca apartada das miradas en Melide agochaba o meirande alixo de droga do ano en Galicia. Máis de dúas toneladas de prantas de Marihuana e máis de 30 kilos de cannabis e haxis preparados pra distribución atoparon os axentes, nunhas instalacións coa máis alta tecnoloxía pro cultivo desta pranta en invernadeiros. Son cinco as persoas detidas, pero non se descartan máis arrestos
Miramos tamén nesta crónica de Galicia a París, onde nuns minutos estarán en xogo dúas medallas pra deportistas galegos....
-- A Xunta de Galicia ve comprometido o proceso de descarbonización en Galicia
A conselleira de medio ambiente pedirá unha reunión coa Ministra de Transición pra abordar a parálise de deceas de proxectos eólicos nos tribunais
-- Aberta a convocatoria pra optar a 140 millóns de euros en axudas do perte de descarbonización
Unha primeira liña á que poderían optar Alcoa, Ence ou Altri. A pasteira aspira ós fondos pra financiar a planta de fibras téxtis de Palas de Rei
-- MEDIO RURAL rebaixa a 200 a cifra de cabeza de gando afectadas pola enfermidade hemorráxica epizoótica
Ainda que recoñece que hai moitas mostras pendentes de analizar que poderían elevar a cifra, e pide ó ministerio que libere fondos pra cubrir tratamentos e vacinas
-- A Xunta, o BNG e os usuarios súmanse ás queixas polas continuas deficiencias e atrasos dos trens avril
A Xunta pide un contacto directo con Renfe que explique a situación do servizo. Os usuarios recorrentes denuncian que os atrasos impiden as conexións necesarias pro seu día a día
-- No tempo... recupérase esta tarde a influencia das altas presións....
Escuchar audio