Un día máis, e van dous neste ano, temos que falar da morte dunha muller nun crime por violencia machista na nosa comunidade. Aconteceu na Coruña e a falecida é Mercedes, de 74 anos, presuntamente esganada polo seu home que está ingresado xa no cárcere de Teixeiro. Condenas e repulsa unánimes das institucións e da sociedade galega ante o que é o 69 asesinato machista na Comunidade desde que hai rexistros.
Noutro suceso, o ocorrido a madrugada do sábado no barrio vigués de Matamá e no que perdeu a vida o mozo Iván Castaño, o concello di agora que a atracción de feira o Saltamontes non contaba coa súa autorización.
Na política, a Xunta de Alfonso Rueda estima en 444 millóns de euros o prexuizo para as contas públicas galegas no caso de vaia adiante o acordo de financiamente autonómico para Cataluña que pactaron os socialistas e Esquerra.
Na previsión do tempo este martes chega unha frente pouco activa que deixará chuvia febles primeiro no litoral coruñés e logo extendéndose ao norte da provincia de Lugo.
Escuchar audio