A enorme maioría dos mozos galegos seguen a vivir cos seus pais. Unha suma de factores fan imnposible que comecen unha vida de seu. No día internacional da Xuventude, analizámolas da man de UGT e o consello nacional da xuventude.
Galicai está entre as comunidades con menor actividade laboral dos mozos, con datos de paro do 18 por cento. Os que teñen emprego, sofren a precariedade e soldos moi inferiores ós do resto do país. A consecuencia, sumada ós elevados prezos da vivenda, un retraso no comezo da súa vida independente
-- O Sindicato Labrego Galego pide á Xunta que adiante as axudas a afectados pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica
Temen que a tardanza do ministerio os deixe sen cobertura, mentres as cifras seguen aumentando: xa son máis de 350 as explotacións afectadas, en Ourense, Lugo e Coruña
-- A costeira do bonito alongarase, por falta de bancos de peixe
Mantéñense os prezos e a calidade, pero os pesqueiros non cren que se consiga completa-la cuota permitida, que aumentou este ano
-- Os usuarios da AP9 insisten que os galegos están en inferioridade de condicións respecto doutras comunidades.
Tras coñecer os beneficios de record da concesionaria, cren que Audasa fai unha enorme caixa a conta dos galegos, malia ó cuestionamiento de Europa sobre prórroga da autopista
-- Os sindicatos alertan un ano máis da falta de persoal no servizo de extinción de incendios.
Denuncian que o mal funcionamento das listas e a composición do servizo están a deixar algunhas brigadas mermadas en número e sen xefe ao mando.
-- No tempo, xornada con máis nubes no norte
Escuchar audio