A Xunta fixou o teito de gasto para os orzamentos do ano próximo. Elévase a case 14 mil millóns de euros. É o máis alto ata o de agora e supón un incremento do 2,5 por cento sobre o deste ano. Así dase o primeiro paso para que as contas autonómicas entren en vigor o 1 de xaneiro.
Foi un acordo do consello da Xunta deste luns que tamén aprobou o anteproxecto que regulará os medios públicos galegos. A CRTVG pasará a denominarse Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia. Un anteproxecto que abre unha nova polémica coa oposición que denuncia que vai servir para que o PP controle a radio e a televisión galegas.
No tempo, a tarde pasada déixanos treboadas con 3.500 lóstregos, a maioría na provincia de Lugo, nunha tarde con fortes choivas e saraiba en numerosas localidades, tamén en Ourense.
Para este martes, a previsión é que seguirán as choivas, aínda que con menos intensidade e sen avisos por tormenta.
Escuchar audio