ALTRI NON. É a consigna que milleiros de persoas repiten hoxe en Santiago. Chegados dende distintos puntos de Galicia, rodearon o edificio da Xunta para esixir ó goberno galego que paralice o proxecto da multinacional lusa en Palas de Rei.
É a segunda gran manifestación en contra da fábrica de fibras téxtiles, despois da celebrada na localidade lucense.
Argumento principal nun día no que Cedeira mantén a recomendación de non consumir a auga da billa por un gromo de gastroenterite.
E no que o PSdeG reclama explicacións sobre a falta de saneamento das rías.
Contra ás dúas menos vinte, chegará a entrevista. Hoxe, co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, como convidado.
Escuchar audio